C21 solicita aos representantes da Xunta un trato especial para o comercio e a hostalería de Tui, en reciprocidade pola súa crítica situación debido ao peche perimetral.

O noso voceiro, José Palacín, aproveitou a visita da Sra. Delegada Territorial e do Sr. Director Xeral de Comercio, ámbolos representantes da Xunta de Galicia, para solicitar un trato especial para o comercio e para a hostalería de Tui debido a situación de peche perimetral exclusivo que está a sufrir a cidade.

Xa no último pleno, o noso voceiro expresou que cada administración do Estado debe asumir as consecuencias dos seus ditames, e que neste caso a Xunta é a responsable do peche perimetral exclusivo de Tui, cuestión que C21 non discute dende o punto de vista sanitario, e que incluso considera necesario, pero que debe ter unha contraprestación orientada a resarcir as perdas que padecen os sectores máis afectados como son o comercio e a hostalería.

Por outra banda, o C21 consideramos positiva a visita de ámbolos representantes e felicita a ACITUI polo traballo de artellar esta market place que “agardamos teña os resultados mercantís que o comercio local merece”.  
 
Foto: Radio Municipal de Tui.
 
Prensa. 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 4 de xaneiro. 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.