C21 solicita a corrección da pendente do badén que se atopa na Rúa Ourense, no cruce ca Rúa Lugo.

O noso voceiro ven de solicitar por rexistro de entrada a rectificación da pendente do badén que se atopa na Rúa Ourense, concretamente diante da parada de autobús no cruce ca Rúa Lugo.


Dito promontorio supón un trauma para os condutores de coches e motos debido a que o seu tremendo desnivel causa danos a os seus vehículos, aínda circulando a velocidade hiperreducida.

C21 solicita a súa inmediata rectificación de pendente, dando así por reiniciada a súa campaña de Tui Seguro.
 
Prensa. 
 
Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 7 de xaneiro de 2021. 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.