C21 considera co Goberno Socialista desvirtuou o proxecto do Parque de Areas.
Por parte de C21 congratulámonos polo remate das obras de acondicionamento no parque de Areas, froito dun proxecto inicial encargado polo Goberno de C21, sendo concelleiro de Parques e Xardíns, Eduardo Freiría, e financiado a través do Plan Concellos - 2018.
Non obstante, lamentamos que o proxecto inicial quedase simplemente reducido a labores de mantemento e reposición de mobiliario do parque infantil, tamén contempladas no proxecto orixinal, porque que amais disto tratábase de ordenar o espazo co obxectivo de mellorar as condicións paisaxísticas e ambientais, compatible coa realización das festas pois esta foi a condición principal exposta ao estudo de arquitectura que redactou o plan.
O obxectivo era transformar o espazo descampado nun lugar de socialización co que recuperar a tradición de reunión dos veciños mediante a creación dun longo banco corrido que, cos seu quebros, xerase á súa vez microprazas, todo isto acompañado dun bosquete que se complementase coa carballeira e mellorase as condicións paisaxísticas.
Lamentablemente esta actuación foi rexeitada, eliminando ese eixo arquitectónico que conformaría o banco, e en lugar da creación dun bosquete con especies autóctonas coma cerdeiras bravas, freixo de flor, arce campestre, tileiro silvestre e estripeiros, dispúxose unha aliñación de liquidámbares. O resultado desta actuación fai que o espazo presente un aspecto desolador. C21 considera que se cambiou habitabilidade por desolación e diversidade por monocultivo.
Eduardo Freiria e José Palacín: “Resulta inconcibible que nun momento no que se están a recuperar espazos degradados ou sen valor especial mediante deseños contemporáneos como pode ser a “Explanada do Horizonte” do Rosal, merecedora dun premio do Colexio de Arquitectos, aquí en Tui o Partido Socialista nos deixen orfos de deseños actuais que axuden a mellorar as condicións urbanas mediante plantexamentos novidosos e xeren fitos contemporáneos nas nosas parroquias”. “Este Goberno continúa co - Cartago delenda est - respecto da herdanza de C21”.

Prensa.
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h. Día 04/02/2021.