C21 solicita que se habiliten marquesiñas nas paradas de autobús da rúa Concordia.

O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local
instale sendas marquesiñas nas paradas de autobús da Rúa Concordia, a altura da antiga Cam Fram.

Palacín considera moi necesario ese servizo debido a que resulta un lugar estratéxico pola situación do conservatorio, colexios e para o uso dos veciños da propia rúa e de San Bartolomé, Palláns ou Arraial.

C21 xa solicitara a colocación destes espazos durante ó ultimo pleno do ano anterior. 
 
Prensa. 

 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 15 de Febrero de 2021.
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.