C21 solicita que se pinte o Pavillón Novo e outras intervencións na súa contorna.
O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que antes do verán se realice unha intervención de pintado no Pavillón Novo, co obxecto de mellorar a estética deste recinto, recentemente reformado con fondos da Deputación, conforme ao Plan Concello 2018, trala xestión do Goberno de Carlos Vázquez Padín.
Palacín xa realizara esta petición na última sesión plenaria debido ao aspecto deplorable que presentan as paredes do polideportivo, pero tamén solicitou ao Concelleiro de Seguridade, maior vixilancia na zona para evitar actos vandálicos. Do mesmo modo, Palacín demanda unha campaña de concienciación en pos do respecto ao erario público.
Por último, o voceiro liberal suxire unha intervención global nesta zona, tratando de trasladar, de forma consensuada co sector privado, as actividades inadecuadas, abrindo espazos combinados de aparcamento e zona verde e mellorando a accesibilidade urbanística nunha ruta, que lembra, forma parte do Camiño de Santiago.

Prensa
Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 h do día 8 de Febreiro de 2021.