C21 solicita que se arranxen os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño.

O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local solucione os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño.

Converxencia 21 vimos observando que sistematicamente, cas choivas, prodúcense acumulacións de auga contra determinadas zonas das beirarrúas debido ao mal funcionamento dos sumidoiros e pedimos unha solución debido a que moitos transeúntes saen salpicados polos vehículos ao seu paso, sobre todo nas inmediacións do Colexio Nº 1. 

Dende C21 insistimos en que esta rúa necesita dunha reforma integral e solicitamos que sexa obxecto de investimentos por parte do Concello. Palacín afirma que: “Xa que a deficiente estrutura orzamentaria dos novos presupostos do Goberno impiden calquera actuación con fondos propios, polo menos que se acometa unha instancia a Deputación para incluír o arranxo desta rúa no Plan Concellos”. 

 

Prensa

Porriño Digital 

Infomiño 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de marzo de 2021. 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.