C21 solicita que se retire o enmarañado de cables eléctricos da Casa de Salomón.

O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local xestione, a retirada da maraña de cables que afea a fachada da Casa de Salomón, sempre dentro da medida do posible.

Dende C21 consideramos que existen outros medios de conducir o cableado eléctrico sen que cause este brutal impacto físico e estético sobre un dos edificios mais emblemáticos do patrimonio tudense, especialmente valorado e admirado dende que Tui forma parte da Rede de Xuderías de España, fito logrado baixo a éxida de C21.

Os liberais vimos solicitando por rexistro de entrada a paulatina liquidación destes elementos de feísmo por todo o Centro Histórico, de momento con escasa dilixencia por parte do Executivo.
 
Prensa.
 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 03/03/2021   

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.