C21 solicita a mellora da seguridade na subida de San Simón, en Ribadelouro, pola ameaza dun eucalipto.


O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que a Concellería de Medio Rural tramite unha solución para o eucalipto que está inclinado sobre a estrada PO 2502 na subida de San Simón.

José Palacín aduce que dita árbore inclinouse de forma notable nestes dous últimos anos e que se atopa na beirarrúa frontal ao CRA de Ribadelouro, por iso pide unha solución para non ter que lamentar nun futuro posibles accidentes.

Do mesmo modo, dentro desta campaña #Tuiseguro, explica que na parroquia de Ribadelouro hai máis arbores susceptibles de causar problemas, por exemplo, moi cerca deste existe un piñeiro que está a punto de chocar co cableado eléctrico. 
 
Prensa. 
 
 
Radio Municipal de Tui Noticias 13,30 h do día 07/04/2021

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.