Converxencia 21 pide ao Goberno Local un estudo sobre os preparados da limpeza viaria.


 
O noso voceiro ven de facerse eco das queixas veciñais respecto dos desinfectantes usados na limpeza viaria.

José Palacín explica que moitos tudenses están preocupados polos supostos efectos negativos que poderían xerar estes preparados sobre a saúde das súas mascotas, principalmente cans pequenos, que ultimamente están a sufrir inflamacións oculares e mareos.

Por outra banda, dende C21 consideramos que na xornada inaugural, na carpa da Corredoira, utilizouse un desinfectante con un olor insoportable.

Palacín afirma: “Todos estamos preocupados pola hixiene da nosa cidade e por suposto, nos apostamos pola máxima asepsia, e mais en tempos de COVID, pero se debe actuar con mesura e prudencia, por iso pedimos un estudo sobre os posibles efectos secundarios destes produtos e da súa dosificación na limpeza viaria”.
 
 
Prensa
 
Radio Muncipal de Tui - Noticias 13,30 do día 09/04/2021 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.