Converxencia 21 congratúlase da retirada dos bloques laterais da Rúa Loureiro tal como solicitou fai meses.


C21 congratúlase da retirada dos bloques de cemento que se aliñaban aos lados da estrada na Rúa Loureiro.

Esta foi unha das primeiras peticións do noso partido e a que abriu a campaña #Tuiseguro que leva dende entón xa mais de cen iniciativas.

Para o noso concelleiro, José Palacín, a supresión destes elementos perigosos e a limitación de velocidade nesta vía mellorará sen dúbida a seguridade dos vehículos e dos peóns, sobre todo tendo en conta que se trata dun espazo de ocio próximo a Ponte Romana e o Camiño de Santiago.   

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.