Discurso integro de José Palacín con motivo do Punto Nº 2 do este pleno de maio: Parking soterrado da Área Panorámica.

Punto 2. Expediente 2705/2019. Adjudicación expediente de concesión obra pública.


Sr. Alcalde, grazas pola palabra, saúdos a cidadanía de Tui, tamén as persoas que lexitimamente están a manifestarse na Praza do Concello e o noso agradecemento a Radio Municipal pola súa cobertura.

Atopámonos ante un momento crucial na historia de Tui, e neste asunto os liberais, ao contrario do que fixeron vostedes como partidos da oposición cando nos eramos goberno, non vamos a facer demagoxia, non vamos caer nunha débeda ca hemeroteca.

Pode ser que as nosas propostas, tanto no pasado como no presente, non foran perfectas, podemos equivocarnos, ninguén posúe o monopolio da verdade, pero voulles a garantir varias cousas:

Sr. Alcalde, vostede publicamente acusa a oposición de crear confusión, de soliviatar a opinión pública, de obstrucionismo e de actuar con odio político co tema do parking. Mire, de boa fe, esta oposición solicitoulle en anteriores plenos deixar este asunto sobre a mesa durante un par de meses, non mais, para efectuar un estudo imparcial e desinteresado das opcións e consultalas ca sociedade civil, e ao mellor ese estudio debe incluír ata a opción de que non exista parking.

Debemos abrir a mente e darnos conta dos cambios que operan na sociedade e na economía, e máis concretamente pensar nas necesidades de Tui. Pedímoslle reflexión, e de forma incongruente vostedes pecháronse en banda e fuxiron cara a diante.

Escoitando as súas declaracións, non estas últimas de hoxe senón as anteriores, as de fai tan so tres días, con tódolos respectos, confundía vostede o dereito de decidir por contar con unha maioría absoluta con aplicar unha carta branca. Sr. Cabaleiro, as cartas brancas non son concebibles en democracia; un demócrata nunca escribe os seus desexos exclusivos sobre unha folla en branco, actúa ao ditado do interese xeral (por iso lle pido que mire pola fiestra), quizás polo que se temía que houbese hoxe aí fora foi polo que as súas declaración de hoxe xa tiñan outro talante.

Pola parte que nos toca, aos liberais de Tui, iso de crear confusión, solivintar ou ser obstrucionistas, e menos destilar odio, xa lle digo non porque: 1) Nos abstivémonos en plenos anteriores, nunca nos mostramos radicalmente en contra de aproveitar o subsolo da Area Panorámica, 2) Presentamos, baseándonos na idea inicial, contrapropostas realistas e construtivas que ían dende ampliar o parking pola Rúa Compostela, o que engadiría 180 prazas máis, vostede nin moveu un dedo nese aspecto, a plantexarlle que baixo ningún concepto se suprimisen espazos para aparcar en superficie por todo o centro, incluso complementamos todo isto con unha idea de fluxo de tráfico que melloraría notablemente a parálise actual que xeraron vostedes cos seus cambios de direccións e restricións masivas na circulación. 3) E dende logo, nunca conspiramos contra o Goberno lanzando a cidadanía información capciosa sobre o parking, no mellor dos casos informamos sobre a realidade. Mire pola fiestra. Pregunta ¿vostede pensa de verdade que todas estas persoas que agradan fora están manipuladas ou pensa que a poboación de Tui estaba manipulada en 2019 cando lle votou o 45% do electorado e rozou a maioría absoluta?.

Que vostede nos consideren como obstrucionistas e políticos de odio resulta paradóxico cando foron vostedes os que cuspiron un veneno paralizante sobre o proxecto do Sr. Padín, que en realidade, sen ser perfecto, aumentaba a oferta de aparcamento, non como o seu proxecto ca reduce. Obstrucionismo e de mala calidade era a da anterior oposición, o de vostedes, que plantexaba alternativas tan disparatadas como un parking público, de dúas plantas e de xestión municipal, todo un exercicio de chavismo arquitectónico e económico, que non sei si é case peor co pelotazo financeiro que Vostede promulga en determinadas gravacións radiofónicas.

Por certo, solución chavista auspiciada por algún na oposición e que me preocupa e moito cara ao futuro, e chocante que parte da dereita coincida en plantexamentos económicos cas solución marxistas, o que en realidade roza a fronteira do falanxismo. Isto deixa a C21 como garante liberal dentro do consistorio.

Xa indo ao meollo do asunto, de tódalas opción posibles para desenrolar un proxecto de futuro relacionado co aparcamento, co tráfico e ca accesibilidade en Tui, vostedes decidíronse case pola peor, pola más dañina para o interese xeral, e máis concretamente a mais nociva para o comercio e para a hostalería. Van a construír un parking escaso, de pouco máis de 220 prazas efectivas que é o que actualmente cabe na superficie do torreiro. Por riba, van liquidar practicamente todo o aparcamento en superficie, uns 300 aparcamentos, 750 se contamos cos leirapakings, que dende logo si que teñen que acabar por desaparacer. Sr. Cabaleiro, para viabilizar a supervivencia desta concesión, vostede pregouse de forma incomprensible por sumisa as condicións impostas pola empresa construtora. Este contrato parece o que firmou a protagonista de 50 Sombras de Grey. Teña en conta Sr. Alcalde que o proxecto de viabilidade podería estar contaminado polo feito de que está formulado pola mesma compañía que finalmente realizará e xestionará este complexo subterráneo, e isto causa enorme recelo.

A zona azul non será de pago, iso é certo, pero si funciona, o cal dubido, si terá un custe, e altísimo, en tempo e paciencia (o máis ben en desesperación) porque a falla de aparcamento desquiciará ao visitante ata que acabe desistindo de vir a Tui, e polo tanto danará aos interesados en que as persoas veñan a nosa cidade, (comercio e hostalería), e de paso será unha molestia brutal para os residentes que carezan de garaxe, estes verán reducida a súa calidade de vida cando teñan que andar como asacáns en procura dos seus autos ata afora da cidade, co conseguinte risco para os vehículos e para as propias persoas cando os desprazamento se efectúen de madrugada ou de noite. Miren, acaban de crear un problema onde non o había. Non sei si pensaron nisto, pero polas súas declaracións de hoxe Sr. Alcalde, na radio, creo que non.

A urbanización periférica custa 400.000 euros e en ascenso, cando inicialmente fixouse no anteproxecto un valor de 260.000, nunca explicaron este incremento, a pesares de que C21 e C´s preguntamos por esta cuestión de forma reiterada. Ca, esperemos, venta de cada praza (desas 75 que temos que comernos) producirase unha merma aproximada de 3.800 euros por praza. Esta operación de saldo podería acabar causando unha perda patrimonial ao Concello, e aínda así o prezo desas prazas non é barato.

Sen embargo, darémoslle unha oportunidade, rectifique hoxe, deixe este asunto sobre a mesa, dous meses, ou diga que non se dobregará ante as esixencias da concesionaria e non lapidará o activo do aparcamento no ensanche.

O aparcamento da zona nova de Tui e un privilexio que ten Tui e do que carecen o 90% das vilas de Galicia. Este é un ensanche ben artellado, con vías anchas, onde afortunadamente se contemplaron marxes de aparcadorio.

O seu goberno recorda ao Goberno español durante a Guerra de Cuba. A flota española era a 8ª do mundo, unha xoia, estaba capacitada para vencer nun enfrontamento directo a flota norteamericana incluso, o Almirante Sampson dera orde de nunca enfrontar a flota española en alta mar, sen embargo, para salvar sabe deus o que, o Goberno de Madrid mandou sacrificar un a un aos barcos da flota do Almirante Cervera, e mandounos saír de forma suicida da bahía de Santiago para que os acribillasen.

Vostede para salvar sabe deus o que, un trato nefasto das sombras de Grey o un mal programa político, vai a sacrificar a nosa flota de aparcamentos por todo o ensanche de Tui. Xa sabemos como acabou a Guerra de Cuba.

Mire Sr. Cabaleiro, perdoe se me equivoco, pero teño a sensación de que vostede anhela transfigurar Tui, sempre presume de transformación, pero en realidade quere crear unha cidade dormitorio.

Ese é o modelo de cidade do seu partido, so aspiran a tranquilidade e que ninguén moleste a ninguén, nada de comercio e pouca hostalería, cidade sen pulsión, encefalograma plano, cidade morta. A xente irá parar a grandes superficies ou directamente a Vigo.

Señorías, os gregos non fundaron Tui para durmir, senón para emprazar un emporio fortaleza e mercantil que nun futuro os levase polo Atlántico en procura das Illas Casiterides. Os romanos non querían un Tui dormitorio, unha vila plácida que cos anos se convertese nunha simple ruína, senón un punto estratéxico no seu trazado viario polo norte de Hispania, que perdurase como un bastión económico dentro da abrupta Galaecia, por iso Tui era importante xa dende tempos inmemoriais. Os Suevos e os Visigodos non querían nin tiveron un Tui apático, senón unha cidade activa en fe, en política e en comercio, e así se mantivo durante toda a Idade Media, como unha das 7 capitais do Antigo Reino de Galicia. Tui non foi cidade para que os xudeos durmisen, senón para que negociasen, Tui é esencia do Camiño de Santiago, os peregrinos tamén dormen pouco, so para descansar, durante moitos anos a nosa cidade adquiriu a fama de cosmopolita (dentro da súa humilde poboación) e isto se baseaba no seu comercio o como centro de acollemento de visitantes, ata incluso foi así durante o desenrolismo, e que dicir da súa condición fronteiriza, as fronteiras non dormen, interactúan, intercambian e negocian.

Sen embargo, chegou vostede e decidiu que despois de 2.500 anos os tudenses temos que votarnos a durmir, que Tui debe ser unha cidade dormitorio. Durmindo intranquilos porque a xente non sabe como se atopa o seu vehículo alí tirado en Camfran.

Pode que os tudenses nos durmiramos durante algún tempo nos loureiros, pero mire por onde, ao mellor, de repente, os tudenses espertan porque precisamente vostede quere facelos durmir. (Mire pola fiestra). Os liberais non vamos a ser cómplices desta patética metamorfose de Tui nunha cidade dormitorio, por iso non apoiamos este concepto de parking que fará a vida fuxir e quebrantará o noso xa maltreito potencial mercantil, pero tampouco vamos a secundar un proxecto faraónico e irresponsable orzamentariamente falando, entre outras cuestión porque cando chegue 2023 xa non quedará remanente co que investir. E iso de odio político por favor podería retiralo. Despois do que fixeron vostedes co Sr. Padín case resulta cómico, e eu non son así, veño da cultura política do centro....
 
Grazas.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.