A inciativa de C21 de asegurar e adecentar o Edificio da Rúa Concordia 47 vai cara adiante.


O noso concelleiro, ven de congratularse de que, por fin, o Goberno Local asuma os traballos de adecentamento do edificio da Rúa Concordia nº 47, (antigas instalacións de Cam-Fram), o cal entrañaba un foco de perigo, sobre todo debido aos cristais rotos colgantes e que supoñía unha imaxe espantosa en plena entrada de Tui.

Esta iniciativa procede dun rexistro de entrada de Converxencia 21, concretamente do día 12 de decembro de 2019, no que C21 pedía no marco da súa campaña #tuiseguro, que se actuara, precisamente, na seguridade do perimetrado e se retiraran os cristais de dentro do edificio, insistindo posteriormente sobre a mesma cuestión durante varias sesións plenarias.

Cara ao futuro, onde este edificio acadará a súa funcionalidade, José Palacín pide: “Reflexión e diálogo ao Goberno Local ao respecto das decisións que se tomen no movemento de pezas e a utilización dos edificios públicos porque o sucedido co parking é un exemplo de hipoteca asumida unilateralmente por un Goberno pero que afectará de por vida a tódolos tudenses, e isto non pode volver a ocorrer.

En todo caso, os liberais felicitamos ao Goberno por iniciar as abras de apuntalamento da seguridade en Concordia 47, se ben consideran o gasto da actuación algo elevado”. 

 

Prensa

Telemariñas 

Porriño Digital 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.