C21 Aclara o asunto do Food Truck de Ribadelouro.


Ante o feito de que por sentenza xudicial o Concello de Tui ten que facer fronte a un pago de 4.500 euros debido a os feitos sucedidos en 2018, sendo Alcalde D. Carlos Vázquez Padín, ao conceder licenza a unha caravana Food Truck en Ribadelouro, e cinco días despois revocala, C21 pasa a aclarar a cuestión.

Primeiro, e ante todo, C21 respecta e acata as decisións xudiciais, e segundo, por principios, os liberais non obstaculizamos aos emprendedores e somos dilixentes autorizando actividades económicas, sobre todo si contamos con funcionarios eficientes como foi o caso de quen tramitou este expediente.

Ante a solicitude dun emprendedor para montar un negocio no entorno da Ponte das Febres, no Camiño de Santiago, a persoa funcionaria preguntou na Dirección Xeral de Patrimonio (Xunta de Galicia) se había algún problema e contestáronlle que non. Polo tanto, ante a aparente ausencia de obstáculos xurídicos, o Sr. Alcalde, concedeu dita licenza de actividade, con celeridade e como era a súa obriga.

Pero á semana seguinte, chegou ao Concello un mail de Patrimonio desculpándose por ter informado mal e explicando que a venda ambulante nos tramos rurais do Camiño de Santiago esta prohibida pola Lei 13/2010 de 17 de decembro, (Art. 75).

O Rexedor, ante esta contrariedade, non tivo máis opción que revocar a licenza porque non se axustaba a dereito, co conseguinte prexuízo para o empresario.

Polo tanto, todo o que aconteceu foi un erro administrativo provocado por unha información equivocada procedente do ente autonómico.

A nosa dúbida é se os servizos xurídicos do Concello puxeron de manifesto no xuízo que dende o Concello de Tui se tiña obrado de boa fe, e que dende Patrimonio se recoñecía ter informado incorrectamente nunha primeira instancia, mostrando como proba este documento. 
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 16/06/2021 
 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.