C21 lamenta o abandono dos traballos de implantación das infraestruturas da fibra aérea nas parroquias de Tui, preguntará as razóns e esixe unha inmediata solución.

 

O noso voceiro, José Palacín, preguntará proximamente e de forma oficial as razóns do abandono dos traballos de implantación da fibra aérea por parte de Telefónica España.

C21 considera esta marcha da multinacional como unha responsabilidade conxunta das concellerías de Urbanismo y de Novas Tecnoloxías.

Precisamente o titular desta última área, D. Laureano Alonso, prometía en febreiro deste ano a inmediata dispoñibilidade deste servizo para Paramos, Areas o Baldráns, así como para os barrios pendentes nas demais parroquias, sen embargo, por cuestións sobre as que C21 pedirá explicacións, este proxecto foi abortado.

Telefónica sigue despregando a fibra por Galicia, co obxectivo de que en 2025 o 100% dos galegos dispoñan desta cobertura. Nos inicios de 2021 alcanzáronse o 1.200.000 fogares e empresas, e o esforzo de investimento nesta materia por parte de Telefónica supera xa os 140 millóns de euros.

Por suposto, esta modalidade de fibra estase artellando sen dificultades técnicas, nin políticas, nin burocráticas en moitos concellos limítrofes, por iso José Palacín lamenta que: “Unha vez máis, no Concello de Tui se paralice a implantación das autopistas do futuro e se reteña a modernización das nosas parroquias”. 
 
Prensa.

Telemariñas

Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 15 de Xuño.
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.