C21 solicitará ao Goberno Local que reclame ao Goberno Central o diñeiro do desentullo de Paramos.

O noso concelleiro, José Palacín, solicitará novamente no próximo pleno que o Goberno Local do Partido Socialista reclame o diñeiro que o Goberno de España lle debe ao Concello de Tui en concepto dos traballos de desentullo que a administración local adiantou no propio ano da traxedia.

Palacín lembra que: "En 2018 o anterior rexedor, D. Carlos Vázquez Padín, insistiu de forma determinativa no Ministerio de Política Territorial para que fora esta entidade a que abordase a xestión de forma directa, a conta de fondos estatais, pero finalmente foi o Concello o que se veu obrigado a adiantar a totalidade dese montante, 753.249,15 € (Base: 622.519,96 €; IVE: 130.729,19 €), comprometéndose o Estado a devolvelos en virtude do BOE do 23 de Xaneiro de 2019 polo cal o ámbito do Barrio da Torre de Paramos foi declarado “Zona Catastrófica”.

C21 non comprendemos porque despois de tres anos dende a traxedia o Goberno de D. Pedro Sánchez Castejón aínda non ofreceu unha solución satisfactoria a esta demanda, e máis cando o Goberno de C21 deixara esta cuestión practicamente solucionada dende o punto de vista administrativo.

Palacín declara estar disposto a apoiar politicamente ao actual rexedor, D. Enrique Cabaleiro, para recuperar esta importantísima cantidade e que supón unha quinta parte do actual remanente líquido de Tesourería do Concello de Tui, aínda que o liberal Palacín detecta: “Un certo desleixo e escasa determinación por parte do novo executivo local”. 
 
Foto: Tuan. Carlos Vázquez Padín, José Palacín e Emilio González Cruces durante o mitin de Paramos en 2019. 
 
Prensa
 
 
 
Radio Municipal de Tui, notiicas 13,30 do día 09/06/2021.  
 


Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.