C21 solicita a reposición por roubo dun espello na Rúa Porteliña en Pazos de Reis e patrullas da Policia Local nas parroquias.


O noso concelleiro, José Palacín, dentro da campaña #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada a reposición dun espello no primeiro cruce da Rúa Porteliña, en Pazos de Reis, cerca do cruceiro.

Este espello foi obxecto de roubo este fin de semana e a veciñanza necesita dese elemento pola escasa visibilidade da saída nesa vía, con precedentes de accidentes.

Palacín reclama civismo ante este tipo de actos e solicita ao Goberno Local que se esforce na mellora da situación da Policía Local en aras da vixilancia nas parroquias.
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 30706/2021
 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.