O Concelleiro de C21, José Palacín, ven avisando da mala situación do firme da Rúa Bispo Lago que presenta badéns, fendas e lousas levantadas produto de un afundimento progresivo. Ao abeiro da súa campaña #Tuiseguro, os liberais advertiron do inminente risco de accidente, a última vez, neste mes de marzo pero o Goberno Local non tomou cartas no asunto. Finalmente, onte produciuse a caída dun transeúnte, turista de Madrid, que acabou sendo atendido por lesións no Centro de Saúde e ao que se lle rompeu a pantalla do teléfono móbil. O concelleiro centrista explica que cando manda un rexistro de #Tuiseguro é porque advirte un risco real e que estas peticións deben ser atendidas de inmediato. Sen ir máis lonxe, antes do verán Palacín avisou da inminente caída das ramas dunha arbore en Areeiros e as dúas semanas unha pola colapsou, se ben di estar en xeral satisfeito ca actitude do Concelleiro de Obras, Rafael Estévez, pero ao mesmo tempo expresa que: “Debemos dotar máis or...