Aprobada a Moción de C21 para solicitar ao Estado que reintegre ao Concello de Tui o montante polos traballos do desamiantado e do desentullo de Paramos.


Na última Sesión Plenaria prosperou por unanimidade a nosa moción pola cal se pediu que a Corporación que solicite ao Estado que reintegre ao Concello de Tui o montante polos traballos do desamiantado e do desentullo de Paramos.

O noso concelleiro, José Palacín, defendeu o texto alegando que “é de xustiza recuperar estes cartos”, e sobre a presentación da moción indicaba que tiñan a obriga moral de “dar un paso adiante, porque fomos nós quen xestionamos toda a documentación relacionada con este concerto do Estado”. Tamén considera que “até o de agora o papel do goberno central neste asunto é moi desafortunado” indicando que no seu parecer “se está a comportar coma unha compañía de seguros barata que fai trampeos nas súas pólizas para evitar pagar o sinistro”. Apuntaba que xa cando Carlos Vázquez Padín era alcalde se remitiu toda a documentación polo que indica que “isto tiña que estar solucionado”. Amosaba o seu respaldo ao alcalde neste asunto para recuperar unha cantidade que representa o 20% do orzamento anual do concello.

Texto da Moción.


1) Eu, D. José Manuel Palacín y Rguez como voceiro de Converxencia 21, e ao amparo do Artigo 97.2 de Real Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro de 1986 da ROFRXEL presento a seguinte Moción de Urxencia a esta Sesión Plenaria a celebrar o día 29 de Xullo de 2021.

Expoñendo que

Moción para volver a solicitar a devolución do montante co Estado lle debe ao Concello de Tui en concepto do desamientado e do desentullo efectuado na Zona Cero da parroquia de Paramos.

Recentemente, o día 7 deste mes, o Concello de Tui tivo o honor de recibir a Sr. Delegado do Goberno, D. José Miñones, nas dependencias municipais.

Ese mesmo día, o Excelentísimo Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, ademais de anunciar unha serie de investimentos por parte do Goberno Central, tamén solicitou ao máximo representante do Goberno Central na nosa Comunidade Autónoma o reembolso dos cartos referentes aos traballos de desamientado e de desentullo efectuados en 2018 no Barrio da Torre de Paramos.

Segundo a prensa local as declaracións de ese día do Sr. Rexedor de Tui foron: “Estamos pendientes de que el Estado haga frente a aquel compromiso de financiar la retirada de ese escombro, algo que para Tui es irrenunciable”.

Sen embargo, despois de case tres anos esta devolución continúa sen efectuarse, cuestión que demostra que necesitamos ser mais firmes e reiterativos nas nosas demandas, e polo tanto, por esta moción, queremos que sexa a propia Corporación, a que de forma conxunta e por medio dunha solicitude oficial, reitere ao Estado a perentoriedade do cumprimento desde compromiso, e máis tendo en conta que dende un punto de vista administrativo déronse xa os pasos para que ese montante sexa restituído nas arcas da nosa tesourería.

Polo tanto, a resolución desta moción e a seguinte:

Esta Corporación solicita ao Estado que devolva as arcas municipais do Concello de Tui o montante correspondente aos traballos realizados no Barrio da Torre, parroquia de Paramos, en concepto do desamiantado e do desentullo e que o propio Concello adiantou trala traxedia da Explosión de 2018 e que ascenden a un total de 1.434.636 euros.

José Manuel Palacín Y Rguez / Concelleiro de C21 / Partido Centrista Liberal de Tui.
 
 
Prensa 
 
 
 
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.