C21 congratúlase pola finalización do seus proxectos do Plan Concellos.

 

O noso concelleiro, José Palacín, ven de congratularse pola finalización de tres proxectos no eido da educación e ocio que o Goberno de C21, concretamente baixo a dirección da exconcelleira Mila González Monteiro, artellaran ao abeiro do Plan Concellos 2019. 

Trátase da reforma de espazos lúdicos como o parque ao lado do colexio de Guillarei, así como o recreo do CEIP de Rebordáns e o do CRA das Bornetas, que ven xestionando o Goberno do Partido Socialista dende 2019.

C21 consideramos cos resultados de tódolos proxectos deseñados polo Goberno de Carlos Vázquez Padín son espléndidos, por iso invita ao Goberno Actual a seguilos con fidelidade e non estragalos como fixeron co Parque de Areas ou sinxelamente facelos desaparecer como no caso do anteproxecto da Área Panorámica, do Xardín de Santo Domingo, das Luminarias do Centro Histórico e outros moitos de gran calidade, utilidade e custe racional fronte a despilfarros como a perigosa rotonda de Guillarei, encargada polo PSOE.


Prensa. 

Radio Muncipal de Tui. Noticias 13.30 do día 02/07/2021 

Infomiño 

Porriño Digital

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?