C21 lamenta que no casco histórico se atopen constantemente feces de cans e pide unha solución.
O noso concelleiro, José Palacín, acaba de informar ao Goberno Local, e por rexistro de entrada, que o casco histórico atópase salpicado de feces caninas o cal supón un deterioro da imaxe turística na contorna e unha molestia e un foco de insalubridade para os veciños.
Converxencia 21 leva recibido queixas dos transeúntes e residentes, e polo tanto, pide mais vixilancia para advertir aos que non compren as normas e maiores infraccións para os que persistan nesta mala praxe.
Prensa
Radio Municipal de Tui / Noticias 13,30 do día 14/07/2021