C21 solicita que o Goberno Local xestione a reposición dunha sinal turística deteriorada a entrada de Tui, na N-550.
O noso concelleiro ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local xestione o cambio dunha sinal turística que representa a Catedral de Tui. Dita sinalización atópase absolutamente deteriorada porque o debuxo do monumento presenta un desgaste de cor que non permite discernir a imaxe, o cal da unha sensación de desleixo e falta de sensibilidade pola promoción turística.
Do mesmo modo, os liberais pedimos o cambio da sinal, xa de competencia municipal, que indica o nome da parroquia de Rebordáns e que se atopa no cruce entre a mesma N-550 e a propia estrada a Rebordáns.

Prensa.
Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h do día 07/07/2021