C21 - Tui reforza comunicación e imaxe.
Coincidindo co inicio do curso político, C21 aborda a mellora dos procesos de comunicación e reforza a sua imaxe. Por unha banda o noso blog terá un dominio específico c21tui.com e por outro lado poñemos a desposición da cidadanía un correo electrónico especial info@c21tui.com para atender ao público, iso sen obviar as citas presenciais no despacho de C21 no Concello que se manteñen os xoves pola mañá.
Por suposto, todo isto virá acompañado dun notable incremento da actividade en eidos como a seguridade e limpeza co noso programa #tuiseguro, patrimonio e turismo, economía e asuntos sociais, comercio hostalería, mercado e emprego, tráfico, deporte e cultura, etc... e con un novo elemento de comunicación que consistirá en lanzar videos con algúns asuntos de interese xeral.
Tamén adiantar que o Congreso de Converxencia 21 a nivel de Galicia celebrarase seguramente en setembro e iso, a súa vez, dará un impulso ao partido a nivel local.