C21 denuncia a colocación dun contedor de aceite ao lado do Cruceiro de San Martiño de Areas.



 
Converxencia 21 acaba de introducir por rexistro de entrada una petición para que se mova de lugar un contedor de aceite colocado o 30 de agosto a carón do Cruceiro de San Martiño.

O noso voceiro mostrouse satisfeito e felicita ao Concello por colocar este novo contedor de aceite de cociña usado, posto que, segundo José Palacín: “É unha acción que redunda na reciclaxe, e como consecuencia, na mellora do medio ambiente”.

Non obstante, tamén lamentamos a insensibilidade do executivo por seguir sumando contedores ao pé do cruceiro do San Martiño, medida contraria á estética e á conservación do patrimonio das parroquias, e por outra banda, por poñer en risco a integridade física dos cidadáns que deben acceder a este contedor situado á beira da estrada, cuestión que C21 considera un motivo de actuación urxente baixo a campaña de #tuiseguro.

O noso partido propón o traslado dos contedores a tan só uns metros, no ramal paralelo, na N-551, antes da rotonda, porque se contribuiría a mellora estética do entorno do cruceiro e tamén a súa protección, evitando colisións dos camións do lixo como acontecera anos atrás.

Debemos lembrar que os cruceiros contan cun entorno de protección de 20 metros establecido pola lei 5/2016 de 4 de maio do Patrimonio Cultural de Galicia.

Prensa

Porriño Digital 

Radio Muncipal de Tui. Noticias 13,30 do día 13/09/2021

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.