C21 lamenta a falta de sensibilidade medioambiental e o anacronismo paisaxístico das obras de acceso a Praia de Areeiros.


Dende C21 consideramos que o Goberno Local acaba de incorrer nun desatino paisaxístico e medioambiental”.

Para nos, os liberais - centristas, esta obra de accesibilidade á Praia de Areeiros, en Guillarei, retrotráese as actuacións costeiras da era do cemento, e pedimos ao Goberno Local mais sensibilidade e imaxinación.

O noso voceiro, José Palacín afirma que: “É curioso, no pleno de maio, C21 incidimos en que Tui debería converterse nun referente de accesibilidade as praias fluviais, sobre todo para as persoas con problemas de mobilidade, pero actuando en consonancia cos parámetros descritos na Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas, sen embargo, o formigón, aínda que pareza práctico, non é precisamente o material mais idóneo para conservación dos ecosistemas”.

C21 preguntará neste pleno de setembro porque deste uso do “formigón a toda costa”. 
 
 
Prensa. 
 
 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 28/09/2021.
 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.