C21 solicita a mellora da intensidade de iluminación, a reposición dos cristais por abraiamento de luz e falta de estética e o acondicionamento dos mastros das farolas da cidade.

 

O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada a mellora da intensidade de iluminación das farolas da cidade.

José Palacín afirma que as novas luces led emiten unha luz moi feble e que se podería superar esa intensidade lumínica, aínda utilizando a tecnoloxía led para economizar e por razóns ecolóxicas.

Palacín lembra que: “O Goberno de C21 abordou o problema do gasto excesivo na iluminación no Concello de Tui a través da realización dunha auditoría enerxética, a segunda na historia, trala de o Goberno do Sr. Capón Rey, fai xa máis de 20 anos. Sen embargo, isto non conlevaba baixar de forma tan drástica a calidade do servizo de alumeado, vicio no cal si concorreu o actual Executivo”.

Por outra banda, o noso voceiro afirma que: “Paradoxalmente, aínda sendo unhas luces case fúnebres, por enriba destelan debido a que carecen de cristal protector, o que tamén resta estética a estes elementos urbanos”. Por iso, os liberais piden a restitución das pantallas de vidro.

Por último, C21 consideramos que a maioría das farolas atópanse en mal estado: oxidadas, descascarilladas e sucias, e que deberían ser obxecto de reparación e limpeza ou de substitución nalgún caso. 
 
Prensa
 
 
 
 
Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 06/09/2021
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.