Converxencia 21 considera moi desafortunado o ornamento da rotonda que enlaza a N-550 ca A-55.

 
Converxencia 21 consideramos que o ornamento recentemente colocado sobre a rotonda que da acceso a Autovía A-55, resulta moi desafortunado dende o punto de vista estético e que dificulta a visibilidade.

O noso concelleiro, José Palacín, mostrase contrariado porque: “O Goberno volveuno a facer. Non escoitan nin a oposición nin a sociedade civil, despois do fracaso das torres da rotonda anterior, tamén en Guillarei e satirizada incluso polas comparsas de entroido debido a carencia de contextualización, falla de estética e polo perigo que supón, agora insisten con outra obra na mesma liña. Tui é unha cidade histórica, construída con materiais nobres como a pedra, pero este Goberno propúxose inundar cada recuncho con cubos de ferro oxidado, e, unha vez máis, introdúcese un obstáculo visual que empana a funcionalidade desta interesante obra civil”.

Os liberais consideramos que este ornamento da rotonda debería ser retirado porque, aínda que admite o dereito do Executivo a elixir o estilo do erario público, tamén entende que este espazo debe quedar moito máis diáfano. Por outra banda, preguntará no próximo pleno polo custe desta obra.    

Prensa. 

Telemariñas

Porriño Digital

Radio Muncipal del Tui. Noticias 13,30 do día 28/09/2021.


Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.