C21 adiantouse tres anos ao Tribunal Constitucional eliminando o Imposto de Plusvalía en Tui.


Foto: José Palacín solicita unha baixada do IAE con resposta negativa por parte do Goberno.  

Esta semana atopabámonos con esta noticia:

El MUNDO

El Tribunal Constitucional ha anulado este martes el impuesto de plusvalía municipal cobrado por los ayuntamientos. Según informan fuentes jurídicas a EL MUNDO, el tribunal de garantías, en una sentencia ponencia del magistrado Ricardo Enríquez, considera que el cálculo del impuesto es inconstitucional al entender que el sistema de cómputo objetivo no se corresponde con la realidad, afectando al principio de capacidad económica recogido en el artículo 31 de la Constitución española.

Nese aspecto subliñamos que C21 liquidou para Tui este imposto no ano 2018 por consideralo, segundo palabras do entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín: "Lesivo para aquel que realiza unha venta e xa pagou outro tipo de impostos na súa primeira adquisición".

Pola súa banda, o noso concelleiro José Palacín afirma que: "A Plusvalía, salvo cando se produce unha situación previa de recualificación de terreos municipais que beneficia ao tenente, resulta un imposto confiscatorio e inxustificado".

Lembrar que, ata a decisión do Constitucional na semana pasada, Tui era a única localidade galega que estaba exenta deste gravame o cal potenciou de forma determinante o investimento en construción de nova vivenda e do movemento no mercado inmobiliario.

Ademais de suprimir o imposto de Plusvalía, entre 2017 e 2019, os liberais rebaixamos o IBI, e segundo declaracións de José Palacín: "Si C21 temos responsabilidades de goberno dentro de dous anos, emprenderemos outra acción de rebaixas na propia contribución, e sobre todo, no IAE para potenciar o establecemento de empresas nos polígonos industriais e de firmas de nova xeración". Ata en catro ocasións Converxencia 21 solicitamos por rexistro ou en pleno unha baixada impositiva ao goberno do Partido Socialista con clara resposta negativa. 
 
Foto: Carlos Vázquez Padín dirixindo un dos plenos nos que o seu Goberno baixou impostos como o IBI ou liquidou a plusvalía con unha resistencia enconada da oposición (PSOE - BNG - EN MAREA). 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?