C21 insiste en que se debe acometer a limpeza dos barbudos da Casa dos Capeláns.
O noso voceiro, José Palacín, volverá a solicitar no pleno de novembro que o Concello de Tui tramite a limpeza dos dous principais elementos decorativos externos da Casa Dos Capeláns, concretamente as ménsulas con motivos de Barbudos que representan a Aarón e Moisés, e que se se atopan invadidos polo musgo, sendo necesaria unha intervención para devolverlle o seu esplendor a estas magníficas figuras decorativas.
Xa pedíramos esta cuestión por rexistro de entrada ao anterior Concelleiro de Patrimonio, D. Laureano Alonso, e agora volven a realizar este requirimento a espera de que o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, ditamine e faga público o nome do novo titular desta área.
José Palacín afirma: “Entendo o estado de desconcerto do Goberno por fraguarse a súa propia minoría, e por iso lles estou a dar un tempo para reorganizarse, ata inicios de novembro, pero Tui non pode agardar máis e no próximo mes iniciaremos unha campaña centrada na defensa do Patrimonio e en contra do feísmo, sobre todo buscando solucións para reducir a masificación de cableado na zona monumental, e por suposto, reforzaremos o noso #tuiseguro”.
Prensa.
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 29 de Outubro de 2021.