C21 considera que o Goberno utilizou de forma pouco ortodoxa a web do Concello con motivo do asunto da taxa do lixo.


Os liberais tamén expresamos que: “Os tempos da emisión do comunicado da web denotan unha certa indolencia cara a resolver o “taxazo” contra a hostalería”.   

O noso voceiro acaba de manifestarse sobre o comunicado emitido polo Goberno Local na web do Concello de Tui, acerca do asunto da ordenanza fiscal da recollida do lixo, que para nos, os liberais, supón “un taxazo que afecta de forma ignominiosa aos hoteis de Tui”.

José Palacín declara que: “O Goberno Local ten todo o dereito a defender a súa posición, pero debe ser máis pulcro co uso dos medios de comunicación do Concello porque a súa web é unha páxina institucional, e ao noso entender, parte da redacción do comunicado contén elementos pouco ortodoxos”.

Por outra banda, para Converxencia 21: “Os tempos da emisión deste comunicado denotan unha certa indolencia política por parte do Goberno cara a resolver este grave asunto porque C21 viña de presentar o pasado xoves, día 10, as 12,52 horas, un rexistro de entrada cun documento redactado en colaboración co Partido Popular e asinado por tódolos grupos da Corporación, PSOE incluído, para que se emitiran informes sobre unha proposta de liberais e populares que pretendía paliar o problema, e o Goberno non tivo paciencia e lanzou o comunicado cun sentido moi negativo o día 13 pola maña, sen que dende a oposición tivéramos constancia por escrito dos informes requiridos. 
 
Unha vez máis, o Goberno, aínda en minoría, demostra unha absoluta falta de consideración pola oposición ”.

Por último, dende C21 afirmamos que: “Aínda así, os liberais faremos todo o que estea na nosa man para procurar que, en 2022, por fin, quede resolto este asunto do lixo de forma xusta para os sufridos contribuíntes da rama da hostalería”.

 

Prensa

Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 17 de novembro de 2021. 

Porriño Digital


Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?