C21 continúa co seu labor de favorecer aos negocios de Tui solicitando ao Goberno Local a provisión de puntos de carga e descarga.


O noso partido continúa ca súa labor de solicitar ao goberno que dote de puntos de carga e descarga ao comercio e a hostalería de Tui.

No pasado pleno o noso concelleiro, José Palacín, pedía a instauración dun carga e descarga na Rúa Lugo e agora acaba de facer o propio para Augusto González Besada.

Converxencia 21 considera que hai que utilizar tódolos servizos cos que o sector público conta para dinamizar os negocios de Tui, posto que estes miráronse moi afectados por mor das restricións derivadas do COVID e agora as institucións non poden dubidar en aplicar medidas para colaborar ca súa recuperación.


Na foto observamos o punto de carga e descarga da rúa Ourense a instancias dos liberais de Tui
 
Prensa
 
 
Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 08/11/2021  
 
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?