C21 insta ao Goberno Local a realizar un estudo da situación do tráfico na recollida do alumnado do Colexio Maristas.

 

Dentro do nosa campaña #tuiseguro e ante a traxedia acaecida no Colexio Fomento Montealto de Madrid, e que lamentablemente acabou cun atropelo mortal, os liberais acabamos de solicitar por rexistro de entrada e ao Goberno Local, que recolla os preceptivos informes da Policía co obxecto de realizar unha diagnose da situación do tráfico á entrada e á saída do alumnado no Colexio Maristas. Isto débese a puntual pero altísima concentración e caótica circulación dos vehículos a esas horas punta.

A seguridade da infancia, sobre todo nos centros educativos, é un asunto vital para Converxencia 21, de feito o noso voceiro, José Palacín, xa solicitará previamente a corrección da situación derivada da circulación perigosa diante do Colexio Público Nº 1, sen aínda solución satisfactoria por parte do Executivo, ademais tamén pediu en varias ocasións “a mellora das infraestruturas anexas a este centro, viables a partir dun proxecto de ampliación no que xa traballara o primeiro Goberno de Enrique Cabaleiro (2015 – 2017) e sobre todo o de Carlos Vázquez Padín, quedando bastante avanzado, pero sen consecución nestes más de dous anos de goberno socialista".   

 

Prensa. 

Noticias 13,30 do día 15 de novembro de 2021.

Telemariñas

Porriño Digital

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?