C21 solicita o arranxo do tobogán do parque de Rebordáns.
Dentro da nosa campaña #tuiseguro, C21 continúamos interesándonos pola seguridade dos parques infantís. Concretamente, os liberais acabamos de introducir por rexistro de entrada un aviso ca situación de precariedade do tobogán do parque en fronte do colexio de Rebordáns, porque segundo o noso voceiro, José Palacín: “Este elemento sofre unha tara na súa estrutura que co tempo podería levalo ao derrube, ademais de atoparse en mal estado de conservación, sobre todo os elementos de madeira”. Por iso o voceiro de Converxencia 21 solicita a máis inmediata revisión.
Palacín considera que: “A pesares do enorme gasto no que incorre este Goberno en materia de parques e xardíns, a seguridade segue a ser unha asignatura pendente porque falta a cultura do mantemento”, e lembra que o Goberno de C21 foi o primeiro na historia de Tui en contratar un servizo de conservación para os compoñentes dos parques.

Prensa
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 19/11/2021