C21 solicita que se mova o panel de publicidade do cruce da Rúa Maristas con Rúa Ourense por impedir a correcta visibilidade.

O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se mova máis para atrás o panel de publicidade que se atopa na intersección das rúas Ourense e Maristas porque impide a correcta visibilidade nese cruce.

Segundo José Palacín: “Xa son moitos os condutores que se veñen queixando deste feito da falla de visibilidade, e o domingo, día 28, ocorreu un accidente moi aparatoso xusto nese tramo, co cal entendemos que este gran cartel necesita dun cambio de ubicación e por iso pedimos ao Sr. Concelleiro de Seguridade e Tráfico que lle busque acomodo, aínda que non lonxe dese lugar porque os veciños da zona utilizan o aparello para a reciclaxe das pilas”.

Dende Converxencia 21 aproveitamos esta cuestión relacionada co tráfico para lembrar que o Goberno Local acaba de implantar que por decreto se poidan converter 16 rúas de Tui en Zona Azul.  
 
Prensa.
 
 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 10 de novembro de 2021.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.