Na última sesión plenaria, a de maio, o Goberno Local presentaba os orzamentos de este ano 2024, uns presupostos que o propio Sr. Concelleiro de Facenda, D. Miguel Méndez, catalogaba como de transición e como o Sr. Alcalde recoñecía, chegaron ao Pleno sen ningún tipo de comunicación nin, por suposto, consenso cos demais grupos da Corporación de Tui, incluíndo a Converxencia 21. Os liberais de Tui optamos por rexeitalo. Nas declaracións dos dirixentes do PSOE atópanse varias claves deste rexeitamento: 1) A data tardía de presentación, nin mais nin menos que o mes de maio, cando un orzamento debe estar listo en novembro ou decembro do ano anterior o como moito en xaneiro do ano corrente. Son 6 meses de retraso co cal parte de dito orzamento xa está executado e toda a intención de previsión perde o seu sentido. O Partido Socialista de Tui nunca foi capaz de plantexar un orzamento en tempo e forma dende que goberna. 2) A absoluta falta de diálogo. Todos sabemos co Goberno do Sr. Cab...