C21 felicita ás Escolas Agrupadas Mestra Clara Torres pola Medalla de Ouro do Concello de Tui.

 

Converxencia 21 quere felicitar as Escolas Agrupadas Mestra Clara Torres pola consecución da Medalla de Ouro, máximo galardón do Concello de Tui, en virtude dunha labor adicada a educación no mundo rural e que leva sendo premiada en moitos ámbitos. 

O noso, José Palacín, destaca: "Esta Corporación tiña a obriga moral de materializar esta admiración en forma de premio". Ademais do grande traballo fundacional da propia Mestra Dª Clara Torres, cabe destacar o labor de consolidación da xa ex - Directora, Dª Teresa Domínguez, quen, ao noso xuízo, realizou un emotivo discurso no cal valorou a tarefa social vertebradora que promocionou nas súas aulas. Tamén destacar a esperanza e optimismo que esperta a tarefa da súa sucesora, Dª Marta González.

Por outra banda, se ven non interviu no acto, José Palacín si quixo destacar que: "Como representante de C21 e como liberal síntome especialmente orgulloso deste fito, porque valoro enormemente a dimensión das escolas rurais como dinamizadoras do mundo agrario e como entes capaces de dotar de equidade de oportunidades para o desenrolo vital de tódolos individuos, vivan onde vivan". 

Do mesmo modo, José Palacín tamén quixo lembrar "o inxente traballo de Mila González ao fronte da Concellería de Educación" durante o mandato do Goberno liberal, entre 2017 e 2019.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.