C21 lamenta que o Goberno Local non actuase no caso da cornixa do Arrabal.


Dende C21 lamentamos o feito de que o edificio co número 6 do Barrio do Arrabal, e que se atopa en estado ruinoso, continúe desprendendo tablazóns dende a súa cornixa.

Este feito, que constitúe un serio perigo para os viandantes e para os peregrinos do Camiño de Santiago, foi detectado por Converxencia 21 e introducido por rexistro de entrada en febreiro do ano 2020.

Estes días, bombeiros y Protección Civil están a perimetrar a zona debido a desprendementos que, segundo o noso concelleiro, José Palacín: “Poderíanse haber evitado si se tivese atendido con presteza este escrito enmarcado na nosa Campaña Tuiseguro e lembra que actualmente existe una ferramenta administrativa dotada pola Xunta de Galicia que resulta bastante eficaz para paliar estes problemas de ruína, a Lei 1/2019, de 22 abril, de rehabilitación e de renovación urbana”. 
 
 
Prensa. 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 10 de decembro de 2021.
 
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.