C21 solicita novamente unha intervención nos puntos negros da PO – 404 ante o aparatoso accidente destes días.

 

O noso concelleiro, José Palacín, volve a reclamar ao Goberno Local de Tui que remita a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia unha petición co obxecto de intervir de forma urxente sobre os puntos negros dos que leva advertindo dende fai dous anos.

Palacín plantexou esta cuestión no pleno de novembro e advertiu da posibilidade dun accidente de gravidade nesa estrada, e xusto esta semana xa se produciu o volcado dun vehículo nunha recta a altura da parroquia de Paramos.

Do mesmo modo, dende Converxencia 21 facemos un chamamento ao Deputado Autonómico, o Sr. Moisés Rodríguez, para que interceda por esta situación e se arranxen, de momento e alo menos, algunhas cuestións urxentes pero que requirirían un baixo investimento como a semaforización, a colocación sinalética e a implantación de redutores de velocidade en determinados tramos

Por último C21 felicita a Policía Local, a Garda Civil, aos servizos sanitarios e a Protección Civil pola súa disposición ante estas vicisitudes. 
 
Prensa.
 
Radio municipal del Tui. Noticias  13,30 do día 03 de decembro de 2021. 
 
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.