C21 solicita unha intervención urxente na pasarela de madeira que conduce a Rúa Álvarez Blázquez.
O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada a inmediata intervención na pasarela elevada de madeira que une a Rúa Calvo Sotelo ca Rúa Familia Álvarez Blazquez debido a que por causa das choivas converteuse nunha pista de patinaxe.
Unha vez máis, o Plan #tuiseguro volve a detectar un foco de perigo e solicita ao Goberno Local que se impregne a superficie da pasarela con un antideslizante.
Xa fai dous anos denunciamos esta cuestión ante as reiteradas caídas de varios transeúntes e por aquel entón o Concelleiro de Obras actuou, pero lembramos aos membros do Goberno son eles os que teñen que estar vixiantes destas cuestións tan básicas para a seguridade.
Prensa
Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 29/12/2021