C21 lamenta a lugar elixido para a colocación do novo punto de compostaxe en plena Rúa Ourense.


Os liberais de Tui criticamos abertamente o lugar elixido polo Goberno Local para a colocación dun novo punto de compostaxe.

Esta construción, levantada na súa base con bloques e cemento, e polo tanto inamovible, atópase na vía principal de Tui, o que para Converxencia 21; “Limitará sobremaneira a dispoñibilidade desta rúa a hora de ter que ser usada para eventos especiais como voltas ciclistas ou desfiles de entroido ou en caso de emerxencia e evacuación”.

O nos voceiro e concelleiro, José Palacín, considera o lugar: “Un despropósito, moi na liña das actuacións do Executivo socialista en materia de tráfico porque este será un elemento máis que contribuirá a xerar caos e falla de mobilidade, e incluso inseguridade viaria.

C21 está a favor das accións medioambientais encamiñadas a mellorar a xestión de residuos, e polo tanto, a favor da compostaxe, pero pídelle ao Goberno mais reflexión ao respecto da ubicación destes puntos de reciclaxe. 
 
 
Prensa 

Noticias 13.30 da Radio Muncipal de Tui do día 10/01/2022.


 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?