C21 presenta as súas condolencias polo falecemento de Dª Eva García de la Torre.
O grupo local de Converxencia 21 (C21) queremos manifestar o noso máis sentido pésame polo falecemento da Sra. Ex Alcaldesa de O Porriño, Dª Eva García de la Torre.
Subliñar que estamos consternados polo tráxico e repentino suceso e queremos transladar as nosas condolencias a familia da Sra Ex-Alcaldesa e ao Partido Socialista Obrero Español de O Porriño.
Onte, durante a Sesión Plenaria do Concello de Tui, a Corporación Local gardou un minuto de silencio en honor da Sra. García de la Torre e o noso concelleiro, José Palacín, afirmou sentirse consternado e deulle as grazas a título persoal porque baixo o seu mandato, (e por impulso dela mesma e do Sr. Concelleiro D. Marcelino Coto) otorgouse o nome da Praza D. Fidenciano Palacín, avó de José Palacín.
DEP