Intervención de C21: Pleno Xaneiro 2022 - Punto 9 - SAF

 

Punto 9. Expediente 658/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato da prestación do “Servizo de Axuda no Fogar. Prestación básica e dependencia (SAF).

Nos votamos xa de forma preliminar a favor do SAF. Pode parecer paradóxico que un partido liberal, pouco dado a axudas e subvencións, se mostre tan determinante neste asunto, pero en realidade, hai que subliñar que as persoas con dependencia, as que non poden valerse por si mesmas, necesitan que se lles axude. O Estado que cada vez é máis grande tomou a responsabilidade de asumir esta labor social que antes recaía na man das familias, o na súa carencia, de asociacións benéficas.

Como ben especifica o informe xustificativo, as necesidades medran por causa dunha poboación máis envellecida, e porque lamentablemente (iso non o explica o informe) moitas persoas chegan en situación vulnerable dende un punto de vista económico a Terceira Idade.

Non sempre, pero paradóxicamente, o propio Estado vai colaborando a que esta depauperación económica se faga realidade. A súa man alongada en materia de impostos e retencións en concepto ao traballo fai que a capacidade de aforro da cidadanía se reduza a mínima expresión e xera maior desnudez de reservas cando chegan os tempos en que unha persoa non pode traballar ou queda impedida. Os cidadáns cada vez temos menor capacidade de afrontar continxencias de este tipo e dependemos máis do Estado.

Isto que viña construíndose como unha tendencia imperceptible, farase máis evidente co paso dos anos debido a brutal presión fiscal e sobre o aforro e sobre os beneficios da produción. Dentro duns anos veremos aos dependentes froito das impías reformas que se operan, por exemplo, contra os autónomos.

Como expliquei, a carencia de aforros aboca aos cidadáns a dependencia Estatal. Así que como o Estado e algo culpable, que asuma a súa responsabilidade, por iso vamos a votar a favor.

Pasou un pouco igual no caso das axudas ao comercio e a hostalería. Eran unha obriga moral do Estado, esta vez por responsabilidade de forma directa, por pechar os negocios durante 2020 e 2021. Por iso, C21 abanderou a petición de axudas.

Xa centrándonos neste expediente, comprobo que existe un informe de motivación realizado pola mesma empresa que vostedes criticaron con motivo da taxa do lixo. Iso como dato curioso e por certo un gran informe de custes.

Pois ben, ca Asistencia No Fogar estabamos en prorroga de servizo e resulta necesario licitar de novo.

Obxectivo: Servizos coidados na casa, evitando institucionalización das persoas dependentes. Total horas: 26.000. Lista de espera: 3.900 horas ao ano máis, similar a outros concellos.

Contrato dous anos + un prorroga en contrato de servizo.

Entendo que a nova empresa ten tódolos datos da anterior e se considera que non se asumen riscos aínda que a subrogación vaise operar por vía do artigo 44 do ET.

Respecto aos traballadores van a acollerse ao Convenio Colectivo Autonómico de Axuda ao Fogar en Galicia, por certo, un auténtico galimatías burocrático cuxas conclusións son que lonxe de medrar a estabilidade laboral, vaise xerando maior parcialidade. Un total de 23 traballadores.

O custe total do primeiro ano e de 435.000 euros, o 93,5 % en persoal. O segundo ano 444.000 e o terceiro ano 456.000 euros. Prezo unitario 18,12 euros /hora.

Respecto da licitación, parécenme correctas en xeral os baremos de puntuación pero as cuestións máis de matiz de atención (cuestións exclusivas dos beneficiarios) para min puntúan pouco.

En fin, que nos vamos a apoiar a SAF, porque de verdade, quen non quere debe ser tratado de unha forma, pero quen non pode, de outra forma moita máis empática e solidaria.

Pero iso si, agora a responsabilidade é de o Goberno, velando para que a empresa cumpra co disposto nos pregos de Contratación. E a miña responsabilidade é vixiar que vostedes vixíen.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?