C21 insta ao Goberno Local a “desbunkerizar” a Casa do Concello.

O noso Concelleiro, José Palacín, insta ao Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, a ir desbunkerizando o Concello e abrilo progresivamente a cidadanía.

Palacín afirma: “Que a Casa Consistorial non é propiedade da administración pública e menos da clase política, e que permanecer sistematicamente cas as portas pechadas a cal e canto é un síntoma dunha actitude ostracista cara a sociedade. Unha cousa é a prudencia sanitaria e outra e a limitación drástica do funcionamento administrativo e dos dereitos do contribuínte”.

C21 considera paradóxico que fai dous días o Goberno en pleno asistise a unha manifestación en pro da sanidade pública, pedindo a atención directa en non telefónica e que eles, sen dar exemplo, continúen cas portas do Concello pechadas e so atendendo con cita previa e con timbre no acceso.
 
Prensa.
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 11 de Febreiro de 2022. 
 
  
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?