C21 solicita un novo sistema que substitúa as fosas que albergan árbores nas beirarrúas, comezando pola Rúa Maristas.


No ámbito da nosa Campaña #Tuiseguro e ante a recente caída dun transeúnte ao tropezar con unha fosa da Rúa Maristas, o noso voceiro, José Palacín, ven de propoñer por rexistro de entrada un cambio de sistema para albergar as árbores plantadas nas beirarrúas e que consta de unha rexa planchada no chan e unha gaiola, ou que como mínimo, se faga un recheo de cantos rodados naqueles puntos en que hai unha árbore e na que falta o enlosado arredor.

Palacín afirma que: “Este novo sistema comportaría unha total seguridade, o cal evitaría desgrazas persoais e denuncias de tipo patrimonial, optimizaría a irrigación da planta e a súa expansión sen danar o enlosado e melloraría la estética da cidade”. 
 
(Foto: Modelo xa implantado para facerse unha idea da proposta de C21) 
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui, Noticias 13.30 do día 07/02/2022.
 
 
 
 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?