Para C21: “Tui é un amor, pero ten o corazón baleiro”

 

O noso concelleiro ven de lamentar que o corazón da cidade, especialmente en torno a Corredoira e a Rúa Rosa Bahamonde, teña cada vez menos transeúntes.

Para nos, os liberais “É paradoxico que nestes días de San Valentín tan poucas persoas transitasen polo centro a pesares da campaña artellada dende a Concellería de Comercio”.

A campaña que se denomina Tui é un amor aderézase ca colocación de corazóns nalgúns espazos emblemáticos o cal para José Palacín: “É interesante e moi estético, un acerto da área de Comercio ”

Sen embargo, referíndose ao slogan, Palacín matiza: “Si, Tui é un amor pero ten o seu corazón baleiro”. “Nos non dubidamos da boa intención destas campañas con corazóns, por certo, demasiado localistas, pero a dinamización do corazón da cidade so é posible ca fluidez na circulación de tráfico e da provisión de aparcamento, e xa comprobamos o caos imperante nesta materia, a pesar do esforzo da Policía Local, tamén se require dunha web marketplace potente cando en realidade a disposta polo Concello resultou un fracaso, e do mesmo modo, hai que priorizar as necesidades do comercio e da hostalería locais”.

Neste último aspecto Palacín remítese a concesión das axudas a este sector que, segundo o liberal: “Tardaron unha eternidade en tramitarse”.
 
Prensa. 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 14 de febreiro de 2022. 
  

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?