C21 solicicta a restitución do alumeado a saída da Autovía.
#Tuiseguro. O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que se xestione a maior brevidade a devolución da iluminación no tramo da saída da autovía en Guillarei.
As farolas dese ramal levan meses sen funcionar dende C21 consideramos “inadmisible debido a que afecta a un tramo con varias curvas e posteriormente a intersección de varios cruces, e precisamente, nun deles non existe demasiada visibilidade”.
Do mesmo modo, Palacín lembra ao Goberno Local que: “O centro de Tui continúa con un alumeado absolutamente deplorable como veñen advertindo dende fai uns meses por rexistro, en prensa e en varios plenos”.
Prensa
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 17 de febreiro de 2022.