Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2022

C21 insiste na correcta sinalización de determinados puntos do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui, poñendo agora o foco na zona da Catedral.

Imaxe
O concelleiro dos liberais de Tui, introduciu esta semana por rexistro de entrada unha petición para a correcta sinalización do Camiño ao seu paso por Tui. Esta vez trátase da confusión que xera o Banco do Peregrino que se atopa diante da Catedral e que ten un moneco con frecha que sinala a porta da antiga oficina de turismo en vez de indicar a subida das escaleiras e continuar cara a Praza da Casa do Concello, e polo tanto en dirección ao casco histórico. Ante esta situación, explica José Palacín: “Os que percorren o Camiño collen unha dirección errada cara a cidade nova”. Tamén explica que as indicacións para identificar a nova oficina de Turismo dende a Catedral son practicamente nulas. Por outra banda, Converxencia 21 realizamos unha pequena enquisa entre os camiñantes sobre a sinalización da Ruta a entrada da fronteira e a maioría a consideran mala ou moi mala, así como pensan que dita entrada ten un aspecto indigno. Ámbalas cuestións, especialmente a deficiente sinalización da Ru...

C21 considera fundamental a ampliación e a promoción dos servizos ferroviarios.

Imaxe
  C21 consideramos que trala reunión mantida o 9 de marzo entre o Alcalde de Tui e representantes sindicais ferroviarios, deben artellarse por parte do propio Concello campañas para concienciar á cidadanía do valor que ten o ferrocarril como medio de transporte. O noso voceiro declara: “De partida subliñamos o aspecto positivo de que a liña, tanto destino Vigo como destino Porto, estea electrificada. Polo tanto, agora cómpre solicitar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana unha ampliación de servizos de proximidade suficientemente frecuentes como para que resulten prácticos aos cidadáns, particularmente aos traballadores”. Por outra banda, Converxencia 21 tamén lembramos os obxectivos da Axenda 2030, deseñada polo Goberno Central, e que pretende converter ao ferrocarril nunha alternativa de transporte viable pola súa baixa contaminación e ao tempo pola súa eficiencia e rapidez. Por último, para os liberais, está a actual situación de crise enerxética e alza dos p...

C21 lamenta que o Goberno Local non acometera a restauración da Estatua do Bispo Rosendo Salvado que agora presenta claros signos de deterioro.

Imaxe
  O pasado 1 de marzo, o Concello de Tui lembraba o nacemento de Rosendo Salvado publicando nas redes sociais a imaxe do monumento erixido a este egrexio tudense na praza da Inmaculada. C21 lamentamos que o actual Goberno Municipal desbotara o proxecto de limpeza e restauración encargado polo Goberno de Carlos Vázquez Padín en 2019 coincidindo co 70 aniversario da inauguración deste conxunto escultórico e incluído no Plan Concellos dese ano. O noso voceiro, José Palacín, advirte que: “O pedestal da estatua estase vendo invadido por unha colonización de algas e pola posible afectación de sales que deterioran a pedra. Especialmente grave é o degradación da escultura da muller aborixe en pedra caliza que mesmo perdeu un dedo e presenta ao aire libre un perno metálico oxidado”. Polo tanto, C21 solicita ao Concello unha intervención que mitigue os efectos adversos do paso do tempo e así conservar en bo estado a que posiblemente é a obra máis sobranceira do artista ponteareano Alfonso...

C21 aplaude o proxecto da senda do Furnia, pero teme que quede no caixón ante a incapacidade de xestión do Goberno Local.

Imaxe
  Os liberais de Tui acollemos con entusiasmo o proxecto da senda fluvial do río Furnia que anunciou o Concello a semana pasada. José Palacín cataloga esta beira do río como “un espazo cautivador” e afirma que: “Esta senda será un camiño de desfrute para os tudenses e un elemento de enorme atractivo turístico”. Sen embargo, segundo as palabras do propio voceiro: “Moito nos tememos que isto quedará en nada ante a absoluta incapacidade de xestión do Goberno Local que en catro anos non foi quen de materializar as sendas do Río Miño cara a Salvaterra e Tomiño, pero tampouco de aperturar a Rúa Ourense pola cara norte despois de 35 meses cando os liberais so necesitamos 18 meses para ter artellada a cara sur, e iso por non falar da odisea do parking, ou do patio do colexio Nº 1 que C21 deixou plasmado nun proxecto, ademais dun longo etc...”. C21 consideramos que ao Goberno socialista se lle vota o tempo enriba e non foi capaz de realizar nin unha soa obra transformadora para Tui e...

C21 considera que o Goberno Local debería xa convocar unha concentración en favor de Ucraína.

Imaxe
  Os liberais mostrámonos estrañados pola inanición do Goberno do Partido Socialista en Tui ante a crise de Ucraína e volvemos a insistir en que: “O Alcalde debe convocar as forzas vivas da cidade, e por suposto a toda a cidadanía, para que todos poidamos expresar a nosa repulsa pola invasión e os crimes que está perpetrando Vladimir Putin en Ucraína”. A semana pasada e por rexistro de entrada o noso voceiro, José Palacín, explicou ao Alcalde, Enrique Cabaleiro, que: “O Concello non pode poñerse de costas a este asunto e debe artellar unha concentración que inclúa un minuto de silencio pola vítimas ucraínas, o rexeitamento da violación do dereito internacional por parte de Rusia e os crimes de guerra que está perpetrando o exercito ruso ca utilización de armamento prohibido, bombardeos indiscriminados, o ataque a centrais nucleares e o sometemento e asasinato da poboación civil a que non se deixa fuxir”. Do mesmo modo, Palacín, pediu a coordinación do Concello con todo tipo de enti...

C21 solicita por rexistro de entrada que o Concello de Tui realice unha concentración en solidariedade co pobo ucraíno e que se adhira ao envío de axuda humanitaria.

Imaxe
Nota do 2 de marzo. O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Concello de Tui impulse unha concentración en solidariedade co pobo de Ucraína, que sofre a invasión por parte de Rusia. Para Palacín, dita concentración debería incluír: “Un minuto de silencio polas vítimas da agresión rusa e unha repulsa por esta acción inxustificada e afastada das normas básicas do dereito internacional e da moral humana”. Do mesmo modo, dende Converxencia 21 pedimos ao Concello que inicie a coordinación cas institucións que teñan competencia na materia co obxecto de facer acopio de axuda humanitaria destinada a paliar os efectos desta guerra iniciada polo dirixente ruso, Vladimir Putin.       Prensa   Infomiño   Telemariñas