C21 aplaude o proxecto da senda do Furnia, pero teme que quede no caixón ante a incapacidade de xestión do Goberno Local.

 

Os liberais de Tui acollemos con entusiasmo o proxecto da senda fluvial do río Furnia que anunciou o Concello a semana pasada.

José Palacín cataloga esta beira do río como “un espazo cautivador” e afirma que: “Esta senda será un camiño de desfrute para os tudenses e un elemento de enorme atractivo turístico”.


Sen embargo, segundo as palabras do propio voceiro: “Moito nos tememos que isto quedará en nada ante a absoluta incapacidade de xestión do Goberno Local que en catro anos non foi quen de materializar as sendas do Río Miño cara a Salvaterra e Tomiño, pero tampouco de aperturar a Rúa Ourense pola cara norte despois de 35 meses cando os liberais so necesitamos 18 meses para ter artellada a cara sur, e iso por non falar da odisea do parking, ou do patio do colexio Nº 1 que C21 deixou plasmado nun proxecto, ademais dun longo etc...”.

C21 consideramos que ao Goberno socialista se lle vota o tempo enriba e non foi capaz de realizar nin unha soa obra transformadora para Tui en contraposición ca liquidación do remanente de tesourería, e incluso de introducir a un Concello que estaba saneado na lista de morosos, como se anunciou na prensa fai unhas semanas”.


Prensa

Radio Muncipal de Tui. Noticias 13,30 do día 09/03/2022

Telemariñas

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?