C21 considera fundamental a ampliación e a promoción dos servizos ferroviarios.

 C21 consideramos que trala reunión mantida o 9 de marzo entre o Alcalde de Tui e representantes sindicais ferroviarios, deben artellarse por parte do propio Concello campañas para concienciar á cidadanía do valor que ten o ferrocarril como medio de transporte.

O noso voceiro declara: “De partida subliñamos o aspecto positivo de que a liña, tanto destino Vigo como destino Porto, estea electrificada. Polo tanto, agora cómpre solicitar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana unha ampliación de servizos de proximidade suficientemente frecuentes como para que resulten prácticos aos cidadáns, particularmente aos traballadores”.

Por outra banda, Converxencia 21 tamén lembramos os obxectivos da Axenda 2030, deseñada polo Goberno Central, e que pretende converter ao ferrocarril nunha alternativa de transporte viable pola súa baixa contaminación e ao tempo pola súa eficiencia e rapidez. Por último, para os liberais, está a actual situación de crise enerxética e alza dos prezos dos combustibles fósiles, conxuntura que fai aínda máis necesaria a existencia de servizos de mobilidade pública para desafogar os xa empobrecidos petos dos contribuíntes.

Para José Palacín, ante esta situación o Concello de Tui tamén debería capitanear ao resto de municipios da Mancomunidade do Baixo Miño para reivindicar máis servizos de cercanías ferroviarias que melloren a mobilidade.

 

Prensa.

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 16/03/2021. 

Telemariñas.

 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?