C21 considera que o Goberno Local debería xa convocar unha concentración en favor de Ucraína.
Os liberais mostrámonos estrañados pola inanición do Goberno do Partido Socialista en Tui ante a crise de Ucraína e volvemos a insistir en que: “O Alcalde debe convocar as forzas vivas da cidade, e por suposto a toda a cidadanía, para que todos poidamos expresar a nosa repulsa pola invasión e os crimes que está perpetrando Vladimir Putin en Ucraína”.
A semana pasada e por rexistro de entrada o noso voceiro, José Palacín, explicou ao Alcalde, Enrique Cabaleiro, que: “O Concello non pode poñerse de costas a este asunto e debe artellar unha concentración que inclúa un minuto de silencio pola vítimas ucraínas, o rexeitamento da violación do dereito internacional por parte de Rusia e os crimes de guerra que está perpetrando o exercito ruso ca utilización de armamento prohibido, bombardeos indiscriminados, o ataque a centrais nucleares e o sometemento e asasinato da poboación civil a que non se deixa fuxir”.
Do mesmo modo, Palacín, pediu a coordinación do Concello con todo tipo de entidades públicas e privadas co obxecto de facer chegar axuda humanitaria ao país asediado e que se acollan refuxiados, considerando os 6.000 euros dispostos por tódolos Alcaldes do Baixo Miño como “cifra irrisoria”.
O Goberno Socialista acaba de anunciar a celebración do 8 M, o Día da Muller, que C21 celebra tamén, pero lembra que en Ucraína, miles de mulleres e nenas o perderon todo ao ter que refuxiarse ante o avance das tropas de Vladimir Putin.
Prensa
Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 08/03/2021