C21 volve a solicitar a volta do Mercado do Xoves para a Corredoira e a súa contorna.

 A Corredoira un Xoves as 11.30 h. 

A Corredoira un xoves as 11.30 h.

C21 insistimos en que o tradicional Mercadillo do Xoves debe voltar a Corredoira e a algunha das súas rúas limítrofes como cara ao interior de Rosa Bahamonde.

Converxencia 21 apoiou no seu día o traslado do mercado a zona de Camfran por motivos do COVID, en tanto en canto durase o Estado de Alarma e o máis duro da crise sanitaria, pero para o noso concelleiro: “Isto xa rematou fai tempo e o Goberno Local continúa a condenar de inanición aos comerciantes ambulantes e a unha peregrinación absurda ao usuarios deste tradicional mercado” De feito, C21 xa impulsou un Pleno Extraordinario para tratar este asunto e pediu o regreso do mercadillo a Corredoira en duas ocasións mais mediante rogos en sesión plenaria e notas de prensa.

Palacín afirma que de maneira informal acaba de realizar unha proposta ao Alcalde para recolocar o mercadillo ao longo de toda a Corredoira ata o final da Rúa Calvo Sotelo, pero so nunha fila e deixando corredores colaterais e as entradas dos comercios e as terrazas dos bares expeditas para que todos interactúen e se retroalimenten, lonxe do caos da etapa anterior. Tamén suxire levar parte do mercadillo cara as rúas interiores, polo lateral dos antigos xulgados con destino a Rosa Bahamonde, pero sen que os postos resulten invasivos para os comercios, senón que máis ben funcionen como reclamo. Para finalizar, plantexa unha loxística distinta a anterior e que se utilice a Rúa Augusto González Besada como carril de entrada e evacuación, sempre operativo para atender as posibles necesidades do mercado e as emerxencias.

C21 afirmamos que si o Goberno socialista non asume esta proposta: “Iniciaremos unha campaña entre o comercio e dende logo esta idea formará parte do futuro programa electoral e será condición sine qua non da calquera plantexamento político”. 

 

Prensa

Telemariñas

Infomiño

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 27 de abril de 2022. 

Faro de Vigo 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.